Museo escolar

No colexio estamos a montar un pequeno museo escolar, relacionado principalmente coa pesca e o marisqueo, actividades das que dependen unha grande parte dos pais e nais dos alumnos e alumnas.
Tódalas pezas do mesmo foron aportadas por alumnos/as, pais, nais e profesores, sendo o encargado do mesmo o profesor Francisco J. Vilar Pérez.
No mesmo podemos atopar desde cunchas de moluscos ata distintas artes de pesca e marisqueo, e ata podemos ver unha grande cuncha de tartaruga mariña.

O museo escolares serve de apoio aos contidos curriculares; os mestres/as e os alumnos/as reúnen e preparan pezas que os mesmos alumnos/as manipulan e coidan

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Alumnado

Pais/Nais