Novas e actualidade. |
|
|||
|
|||
Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto. |
|||
O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación. Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal. Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro. |
|||
Grazas a Carnicería Boga e Exipto Motor, o equipo de atletismo do CEIPP de Abanqueiro estrea nova equipación. Que guapos están os campións!! |
|||
Sempre é duro cando alguén da familia se marcha pero, sobre todo, cando aínda non é o seu tempo.
Adeus, José Luís!
|
|||
|
|||
Grazas ao Concello de Boiro este ano podemos desfrutar de novo material deportivo!!
|
|||
O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia. Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior. |
|||
Desde o Equipo de Patios queremos compartir con tod@s neste enlace as melloras nas distintas zonas comúns do noso centro. |
|||
A continuación deixámosvos o capítulo do programa "Pim Pam Experimenta" onde participa o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro: https://xabarin.gal/videos/detail/106694-pim-pam-experimenta
|
|||
Agrupacións de Centros Educativos.
O pasado 14 de novembro, publicouse a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.
Entre os proxectos seleccionados atópase o presentado polos centros CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro), o CEIP Marícas Picavea (Santoña) e o CRA Río Tajo-José Manuel Oviedo (Alcolea de Tajo), que actúa como coordinador.
O noso proxecto: "Desde nuestros colegios nos proporcionamos las herramientas para ser ciudadanos y ciudadanas del Mundo", ten como exectivo xeral compartir estratexias e instrumentos dirixidos a fomentar e fortalecer un modelo de escola inclusiva, que partindo do próximo, da nosa cultura e das nosas tradicións, adentre ao noso alumnado no mundo, apostando pola sostibilidade, fortalecendo eos cauces de participación da comunidade educativa en sentido amplo e empregando as metodoloxías pedagóxico-artísticas que proporciona o programa MUS-E (do que tamén participamos) para fomentar a creatividade e a integración.
Estamos convencidos de que este proxecto de traballo conxunto, ao longo dos cursos, vainos permitir intercambiar experiencias se boas prácticas, e vai permitir ao alumnado de cada colexio convivir e compartir co nenos e nenas doutros centros; e tamén estamos seguros de que neste proxecto imos contar coa colaboración e complicidade de todos os sectores das nosas comunidades educativas.
|
|||
|
|||||
Dende a Concellaría de Deportes, como outros anos, ábrese o praza de inscrición na Campaña de Neve que organizan.
Poden descargar a ficha de inscrición axunta.
|
|||
|
|||||