Este sábado día 20 a rúa peonil de Boiro tinguirase da arte do alumnado dos centros educativos de Boiro. Non o perdades! |
||||||
|
|||
|
|||
Comezan as inscipcións nos cursos de vela de fin de semana de xuño no Clube Náutico. Non perdades a oportunidade. |
|||
Como en anos anteriores colaborarmos coa Cruz Vermella na distribución, para todos aqueles que o queiran, dos boletos do Sorteo do Ouro. Todos aqueles que queiran boletos que o notifiquen ao centro ou o indiquen na seguinte listaxe e leven os 5€. Listaxe de Reserva |
|||
Informámoslles de que dende hoxe, día 15 de maio, as listaxes definitivas de alumnos admitidos para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro do centro, tal e como indican as instrucións da Consellería de Educación. |
|||
Bonjour! A semana pasada tivo lugar no noso centro unha xornada francófona onde todo o alumnado de infantil e primaria puideron degustar auténticas "Crêpes Bretonnes" da man de Jeremy Thomas, natural da Bretaña francesa e gracias o seu “food truck” La Marinière. Ademais cunhas nocións impartidas o longo destes días, o alumnado puido participar nunha breve conversa onde utilizaron palabras en francés adaptadas o seu nivel.
Deixámosvos unhas fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/epM39UjQUPK2EoVAA Merci, à bientôt et bon appétit! |
|||
A semana pasada tivo lugar unha actividade colaborativa entre toda a comunidade educativa do noso centro que consistiu en pintar un mural co nome do centro e difentes imaxes relacionadas co fondo mariño representando así o significado etimolóxico de Abanqueiro: banco de ostras. Tamén pegamos trozos de azulexos doados polas familias e algunhas empresas da contorna que nos gustaría mencionar para agradecer públicamente a súa colaboración: - Saneamientos Alcalde - Material de construcción MCE Espiñeira - Almacenes Areeiros - Estudio en las nubes - Ferralla Calo - EmeOtero - Felipe Ces - José Pérez Domínguez, S.L. Tamén queremos agradecer a colaboración de AMICOS nesta xornada inclusiva onde todos disfrutamos moito. Todo este traballo foi posible e dirixido grazas a Gerardo Rodríguez “Chere”, profesor de Formación Profesional e experto muralista e á súa colaboradora Susana Ferradás, mestra de Debuxo Técnico de Educación Secundaria. Agradecemos ás familias a vosa colaboración. Deixámosvos un pequeno video resumo da evolución e un recopilatorio de fotos. https://photos.app.goo.gl/wv47XixgJXnVGiMB8 |
|||
Informámoslles de que dende hoxe, día 25 de abril, as listaxes de alumnos admitidos para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro do centro, tal e como indican as instrucións da Consellería de Educación. Podemos dicirlles que todos os alumnos que solicitaron matrícula no noso centro están admitidos por non superar as prazas ofertadas. O día 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas e deberán confirmar a súa praza entregando o seguinte impreso na secretaría do centro, onde tamén poden recollelo.
|
|||
|
|||
Prezadas familias, Chegan un ano máis as xornadas de EspazoFamilias organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título: A Mellora da Comunicación Familiar.
O vindeiro mércores será o 3º taller Lembren que non é necesario facer reserva e que hai talleres simultáneos para adultos, adolescentes e nenos. |
|||
O día da muller traballadora adicámolo as mulleres científicas preparando traballos de Arts e nas titorías cun acto no que expuxéronse os traballos e xogamos co realizado en Arts. No seguinte sites podedes ver o que fixemos: |
|||
|
|||
Unha vez rematado o Entroido é o momento de compartir con todos vós as instantáneas destas festas. Esperamos que vos gusten. |
|||
Aquí vos deixamos a versión da Carrusel de Cuarto de Primaira. Agardamos que vos guste:
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
