blogue defran.alonso |
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.
Máis info en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2021&numpub=1&lang=gl
|
|||
|
|||
AXUDAS POS DO CONCELLO DE BOIRO Ata o 15 de novembro está o prazo aberto para solicitar as axudas POS que se tramitan dende os Servicios Sociais de Boiro. É interesante a liña:
Axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático, acceso aos medios dixitais valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios. Axúntase as bases da convocatoria |
|||
|
|||
Para todos aqueles que non puideron asistir.
A continuación poden dispoñer da presentación/resumo empregado na reunión de recepción de familias de novo ingreso no centro.
|
|||
Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros
Publicada a Listaxe Provisional de Admitidos en Fondo Libros no tabolerio do centro. Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital. |
|||
Calendario de Fondo de Libros Tal e como indica a normativa, para dar publicidade ao calendario do proceso, a partir de hoxe os pasos a seguir para o Fondo de Libros será o que segue (sempre que a aplicación informática da Consellería de Educación nolo permita, polo que en tal caso podería haber unha flexibilización nas datas): |
|||
A ANPA NAPABÁN vén de colaborar co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro na ampliación do material didáctico dixital empregado nas aulas. Material que se axunta ao xa disposto polo centro e que nos virá estupendamente para seguir traballando e aprendendo.
¡Moitas Grazas!
|
|||
Admitidos no centro e formalización de matrícula
No taboleiro do centro están expostas as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2021-2022. Todo o alumnado que solicitou admisión está admitido. Todos aqueles que non entregaran o documento de formalización de matrícula poderán facelo descargando, cuprimentando e entregando o documento axunto.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Publicación de Listaxes de admitidos no proceso de Solicitude de Admisión
Tal e como se indica na normativa, as listaxes de admitidos están publicadas no taboleiro do centro (non podendo publicarse esta listaxe por outros medios) De todos xeitos, ao non ter que baremar este curso, todos os solicitantes foron admitidos.
|
|||
Divulgación do portal informativo "Xanela aberta á familia"
Neste portal poderedes atopar artigos informativos sobre distintas inquedanzas e problemáticas que afectan ás distintas etapas do crecemento. Ademais, aquí poderedes ir directamente a un dos artigos: "O ABC do consello alimentario na infancia". |
|||
Como ben saben, todos os anos polo 8 de marzo convócase unha volga para facer visibles os problemas da muller. A xunta vén de establecer os servizos mínimos para os centros educativos, algo que o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro cumplirá escrupulosamente. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »
