Blogues

Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

Romaría das Letras Galegas do Concello de Boiro

Comezan as inscripcións dos cursos de vela

Comezan as inscipcións nos cursos de vela de fin de semana de xuño no Clube Náutico. Non perdades a oportunidade.

Sorteo do Ouro da Cruz Vermella

Como en anos anteriores colaborarmos coa Cruz Vermella na distribución, para todos aqueles que o queiran, dos boletos do Sorteo do Ouro.

Todos aqueles que queiran boletos que o notifiquen ao centro ou o indiquen na seguinte listaxe e leven os 5€.

Listaxe de Reserva

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS

 

MY RECIPE

Estas semanas o alumnado de 6º de primaria estivo aprendendo a redactar unha receita en inglés.

Fixeron as súas presentacións e puidemos degustar os deliciosos pratos que elaboraron. 

Esta recetas formarán parte dun recetario que imos elaborar en varios idiomas.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Estaba todo riquísimo!!

Une crêpe, s´il vous plaît!

Bonjour!

 

A semana pasada tivo lugar no noso centro unha xornada francófona onde todo o alumnado de infantil e primaria puideron degustar auténticas "Crêpes Bretonnes" da man de Jeremy Thomas, natural da Bretaña francesa e gracias o seu “food truck” La Marinière

Ademais cunhas nocións impartidas o longo destes días, o alumnado puido participar nunha breve conversa onde utilizaron palabras en francés adaptadas o seu nivel. 

 

Deixámosvos unhas fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/epM39UjQUPK2EoVAA

 

Merci, à bientôt et bon appétit!

MURAL COLABORATIVO

A semana pasada tivo lugar unha actividade colaborativa entre toda a comunidade educativa do noso centro que consistiu en pintar un mural co nome do centro e difentes imaxes relacionadas co fondo mariño representando así o significado etimolóxico de Abanqueiro: banco de ostras. Tamén pegamos trozos de azulexos doados polas familias e algunhas empresas da contorna que nos gustaría mencionar para agradecer públicamente a súa colaboración:

- Saneamientos Alcalde

- Material de construcción MCE Espiñeira

- Almacenes Areeiros

- Estudio en las nubes

- Ferralla Calo

- EmeOtero

- Felipe Ces

- José Pérez Domínguez, S.L.

Tamén queremos agradecer a colaboración de AMICOS nesta xornada inclusiva onde todos disfrutamos moito.

Todo este traballo foi posible e dirixido grazas a Gerardo Rodríguez “Chere”, profesor de Formación Profesional e experto muralista e á súa colaboradora Susana Ferradás, mestra de Debuxo Técnico de Educación Secundaria.

Agradecemos ás familias a vosa colaboración. Deixámosvos un pequeno video resumo da evolución e un recopilatorio de fotos.

https://photos.app.goo.gl/wv47XixgJXnVGiMB8


PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Informámoslles de que dende hoxe, día 25 de abril, as listaxes de alumnos admitidos para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro do centro, tal e como indican as instrucións da Consellería de Educación. 

Podemos dicirlles que todos os alumnos que solicitaron matrícula no noso centro están admitidos por non superar as prazas ofertadas.

O día 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas e deberán confirmar a súa praza entregando o seguinte impreso na secretaría do centro, onde tamén poden recollelo.

 

Andaina para a visibilidade do autismo

IV Xornadas de EspazoFamiliaS

Prezadas familias,

Chegan un ano máis as xornadas de EspazoFamilias organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título: A Mellora da Comunicación Familiar.

 

O vindeiro mércores será o 3º taller

Lembren que non é necesario facer reserva e que hai talleres simultáneos para adultos, adolescentes e nenos.

Ler máis

8 de marzo

O día da muller traballadora adicámolo as mulleres científicas preparando traballos de Arts e nas titorías cun acto no que expuxéronse os traballos e xogamos co realizado en Arts.

 

 

No seguinte sites podedes ver o que fixemos:

Teatro en Boiro

Entroido 2023

 

Unha vez rematado o Entroido é o momento de compartir con todos vós as instantáneas destas festas. Esperamos que vos gusten.

Enterro do Ceboliño

Mañá venres 24 de febreiro terá lugar o enterro do Ceboliño. 

Damos por finalizadas estas festas do entroido.

Ata o próximo ano!

Distribuir contido