2º Ciclo

RELACIÓN DE ACTIVIDADES DO 2º CICLO

Estimadas familias!

Estes días están a ser difíciles para todos nós, e en especial para o noso alumnado. Dende o equipo de persoas do 2º ciclo queremos facervos chegar todo o noso apoio, ánimo e agarimo para afrontar con forza esta situación tan inesperada.

Sabemos que non é sinxelo, pero gustaríanos que na medida que vos sexa posible establezades unha serie de rutinas que polo menos voas poidan servir para lograr normalizar un pouco o día a día.

É importante organizar o día en rutinas e tarefas, aqúi deixámosvos un exemplo de como podedes planificar o día: 

  

             1º Actividade:            Hábitos de autonomía: Levántome, aséome, almorzo.

2º Actividade:            Axudo en labores de casa: facer a cama, limpar o po….

3º Actividade:            Lectura e actividade do cole.

4º Actividade:            Vexo a  TV, elixo un xogo,  coloreo….actividade libre.

5º Actividade:            Axudo en labores de casa: poño a mesa.

6º Actividade:            Axudo en  labores de casa: recoller a mesa e descanso.

7º Actividade:            Cociña “preparamos un biscoito!”.

8º Actividade:            Preparo merenda e a  merendar.

9º Actividade:            Traballo na  tablet.

10º Actividade:          Actividade libre.

11º Actividade:          Aseo, cea e a durmir.

 

Cando falamos de labores de casa, tede en conta que todas elas traballáronas previamente no cole, uns van necesitar máis axuda, outra menos axuda e outros simplemente supervisión, pero todos e todas  PODEN facelo. Isto é un exemplo, descoñecemos os costumes de cada fogar, pero a modo de exemplo, pódevos servir de orientación.

Nos botóns que se atopan debaixo atoparedes un abano de actividades para realizar estes días.

Esperamos volver á normalidade canto antes!                              

Moito ánimo e unha forte aperta.

O equipo de segundo ciclo


A continuación, deixámosvos unhas propostas de actividades orientativas para os próximos días, para reforzar contidos xa traballados dende o centro. Cómpre recomendar que seleccionedes dentro de cada carpeta aquelas que se adecúen ao seu nivel competencial e que sempre que sexa posible as compartades. 

Pinchade enriba para acceder aos contidos.

 

         

Un día sobre rodas!

 

O xoves 23 de xaneiro o alumnado de 2º ciclo disfrutou dunha sesión de ciclismo a cargo do Clube de Ciclismo de Ponteareas. Pasárono moi ben. 

Un día sobre rodas (pincha aquí para ver o vídeo)

    

Obradoiro de cociña de segundo ciclo

Este curso en segundo ciclo levamos a cabo co alumnado un obradoior de cociña: aprendimos normas de hixiene, elaboación de recietas e manexo de menaxe e ferramentas de cociña. Aqui vos deixamos unha proba gráfica.

 

APROINPPA

O pasado 29 de xaneiro fomos as instalación da  Asociación Provincial de Panadeiros e Pasteleros de Pontevedra (APROINPPA). 

Pasamos unha xornada divertida entre fariña...deixámosvos unha mostra das delicias que preparamos. 

Día da Paz - 30 de Xaneiro

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cunha xornada de xogos cooperativos no CEIP Carballar, ao que nos desprazamos cos nosos compañeiros de TVA.

Deixámovos unha pequena mostra dos xogos nos que participamos.

 

Resumo do primeiro trimestre - 2º ciclo

Deixámosvos un resumo dalgunhas actividades que realizamos na primeira avaliación deste curso.

Entre outras actividades foron:

- Asistencia a Afundación Vigo a obras de teatro, concertos e cine.

- Celebración do Samaín.

- Elaboración e degustación de receitas.

- Visita a exposición do concurso de Belens no que participamos cos compañeiros do colexio e tomamos o chocolate con churros antes das vacacións.

- Cena cos compañeiros para celebrar o Nadal. 

- Visita dos paxes dos Reis Magos e o noso Festival de Nadal. 

 

 

METEOESCOLAS 2018

VISITA A COMISARÍA DO ALUMNADO DE 2ºCICLO

VISITA RADIO VIGO 2º CICLO

VISITA ZOO VIGO

Distribuir contido