Dependencias

Dependencias do noso centro

 

O CEE Saladino Cortizo está composto por un edificio de planta baixa. Na entrada, atopamos unha pequena zona axardinada, que linda cunha área recreativa da Comunidade de Montes de Cabral.  Na parte traseira do mesmo, atópase o patio, pistas polideportivas e a área de traballo do PFPB de Xardinaría.

No interior do mesmo, existen tres corredores paralelos nos que se ubican as aulas e obradoiros, e dous corredores transversais que comunican os principais.

Os espazos dos que dispón o centro son os seguintes:

  • Aulas de titorías.
  • Aulas de Audición e linguaxe.
  • Aula de Informática.
  • Aula de audiovisuais.
  • Biblioteca.
  • Aula de artes gráficas.
  • Taller de perruquería.
  • Taller de carpintaría.
  • Horto escolar e xardíns.
  • Taller de emprego doméstico.
  • Comedor escolar.
  • Obradoiro de cociña.
  • Obradoiro de fogar.
  • Aula de música.
  • Aula de baile.
  • Aulas de psicomotricidade.
  • Aula multisensorial.
  • Ximnasio.
  • Salón de actos.
  • Brincadeiro.
  • Despachos de Equipo Directivo, Traballo Social e Departamento de Orientación.
  • Sala de Mestres...

 

                                                                   

Distribuir contido