Primaria

PROTEXE OS ANIMAIS

Benvidos ao blog do Proxecto do alumnado de E. Primaria "PROTEXE OS ANIMAIS", onde podedes ver as actividades realizadas no mesmo:

 

 

POSTRES DE ANTROIDO - CARNIVAL DESSERTS

Aquí tendes un video dunha tarefa interdisciplinar e multinivel. Os alumnos de ESO1 prepararon unhas receitas de postres típicos de Entroido, e despois cociñaron: orellas e flores.

Os alumnos de Ed. Primaria, por outra banda, viñeron a gravarnos e mesmo fixeron un stop-motion para o encabezado do video onde se amosan os ingredientes necesarios.

Este é o resultado final dunha tarefa levada a cabo entre dous dos proxectos deste curso : 

"LET´S GO TO PORTUGAL" e "PRODUCIÓNS PANXÓN"

 

SOAP YOURSELF! HALLOWEEN WORKSHOP

Dado o éxito do obradoiro de xabóns feito no curso pasado, decidimos repetilo neste curso. Pero esta vez aproveitamos unha data "terrorífica"...

Os alumnos de Primaria e algún de Secundaria fixeron os seus xabóns con formas terroríficas para celebrar Samaín-Halloween, seguindo ao pé da letra as instruccións facilitadas polas profesoras encargadas do obradoiro, unhas meigas moi especiais...Instruccións que por suposto foron en lingua inglesa.

Have a look at the presentation!!

 

PanxónChef

Un dos proxectos que se traballou ao longo deste curso foi o que viñemos a chamar PanxónChef, onde os alumnos, especialmente os de Primaria desenvolveron as súas habilidades culinarias, compartironas co resto da comunidade, aprenderon a importancia dunha alimentación sana e tamén o pasaron moi ben, por suposto.

Neste proxecto tamén participaron os alumnos de Secundaria (elaboración dun "brownie", dunha tortilla para o seu proxecto e-twinning,) e tivemos visitas e colaboracións de chefs de importancia mundial, coma foi o chef Álvaro.

É dificil amosar TODO o que fixemos ao longo deste curso, pero ahí vos queda unha pequena mostra, e con máis detalle no noso blogue PanxonChef:

 

 

Distribuir contido