MENÚ 3ª SEMANA OUTUBRO

Nesta semana de outubro temos un evento especialmente importante para o noso comedor, pois o 16 de outubro, coma todos os anos, e promovido pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), co claro obxectivo de diminuír a fame no mundo

Este ano, a  FAO non só contempla seguir apostando por un mundo onde todos teñamos acceso á comida, senón que ademais  que esa comida sexa realmente saudable  Por iso o slogan da campaña 2019 é "Unha alimentación sa para un mundo # HambreCero"

Como levar unha alimentación sa?

  • O primeiro é apostar polas comidas feitas en casa e axudar aos produtores locais a seguir xerando vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais.
  • Ademais debemos é elixir alimentos máis saudables para os nenos.
  • Tamén se debe ampliar a gama de froitas e vexetais que coñecemos.
  • Por último, é imprescindible diminuír o uso de aceite e sal na cociña, ademais de ter unha rutina de exercicios diarios.

Que podes facer para celebrar o Día Mundial da Alimentación?

Podes realizar unha comida na casa con amigos, onde todos leven ingredientes sans e frescos, compartir receitas saudables cos teus amigos nas redes sociais e se o fas este día non te esquezas de  etiquetarlas cos  hashtags # DíaMundialdelaAlimentación e #HAMBRECERO, ou facer clic na imaxe onde poderás atopar máis información e suxerencias...

LEMBRA QUE O NOSO COMEDOR APOSTA E TRABALLA POR UNHA DIETA DO MÁIS SAUDABLE!!

BO PROVEITO

AdxuntoTamaño
MENÚ OUTUBRO SEMANA 3.pdf227.59 KB