MENU 1ª SEMANA OUTUBRO

A que non sabías que o primeiro venres de outubro celébrase o Día Internacional da Sonrisa? Pois esto é así porque no ano 1999 Harvey Ball, creador do símbolo iconográfico Smiley Face ou Cariña Feliz, decidiu proclamar o Día Mundial do Sorriso para o primeiro venres de outubro, data pensada para ser feliz e levar alegría a outros, aínda que sexa por un día.

Harvey faleceu no ano 2001, pero desde entón creouse a  Harvey  Ball World  Smile  Foundation na súa honra. Organización que todos os anos realiza actividades e recada fondos para obras benéficas que leven alegría a todas as persoas ao redor do planeta.

E é que o sorriso é un xesto que produce moitos beneficios. Ao sorrir, o noso corpo libera  endorfinas e  serotoninas, dúas hormonas que nos fan sentir máis felices, menos tensos e mellorar o noso estado de ánimo.

Sorrir é parte da linguaxe universal, é gratis e axúdanos en moitos ámbitos da vida, así que xa sabes: SORRÍ, E DISFRUTA DO MENÚ SEMANAL!!

BO PROVEITO!!

 

AdxuntoTamaño
MENÚ OUTUBRO SEMANA 1.pdf209.16 KB