MENU 4ª SEMANA MARZO

Rematamos o mes de marzo, na semana na que o día 27 celébrase o Día Mundial do Teatro creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961.

Durante este día celébranse en todo o mundo actos e eventos relacionados coa escena. Un dos máis importantes é a mensaxe internacional por parte dunha figura de talla mundial por invitación do ITI. Nesta mensaxe, unha persoa de relevancia comparte as súas reflexións acerca da cultura e o teatro.

O Instituto Internacional do Teatro anima a toda a sociedade a celebrar o Día Mundial do Teatro: teatros, centros e institucións das artes escénicas, universidades, institucións gobernamentais, ministerios de cultura, profesionais ou amantes do teatro de todo o mundo están convidados a celebrar o Día Mundial do Teatro.

FELIZ SEMANA E BO PROVEITO!!

AdxuntoTamaño
MENÚ MARZO SEMANA 4.pdf198.77 KB