MENÚ COMEDOR 1ª SEMANA MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, que outrora se chamaba Día Internacional da Muller Traballadora, eliminando este último adxectivo por considerar que todas as mulleres, traballen fóra de casa ou non, son traballadoras, xa que o traballo doméstico é considerado como un traballo duro e sen remunerar, pero en definitiva, traballo.

O Día Internacional da Muller foi institucionalizado pola ONU en 1.975 pero celébrase historicamente desde 1.911 e conmemora a loita das mulleres pola súa participación activa na sociedade en igualdade de oportunidades. Todos os anos elíxese un tema para a celebración deste día.

O tema para 2019 é: "Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio" e céntrase nas formas innovadoras nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o  empoderamiento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso aos servizos públicos e a infraestrutura sustentable.
Máis información facendo clic na imaxe de arriba.

Tamén vos adxuntamos o menú destes dous días

BO PROVEITO!!

AdxuntoTamaño
MENÚ MARZO SEMANA 1.pdf196.8 KB