MENU 1ª SEMANA FEBREIRO

          

            Comezamos o mes de febreiro, adxuntando o menú do comedor para esta semana, e lembrando que hoxe día 4, é o Día Mundial contra o cancro, promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC) e a Unión Internacional contra o Cancro (UICC) co obxectivo de aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.

         O cancro é un proceso de crecemento e diseminación incontrolados de células. Pode aparecer practicamente en calquera lugar do corpo. O tumor adoita invadir o tecido circundante e pode provocar metástase en puntos distantes do organismo. 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro nalgún momento da súa vida. Cada ano diagnostícanse no mundo 14 millóns de casos novos e a enfermidade provoca 8,2 millóns de mortes.

           É moi probable que nós mesmos ou alguén da nosa familia teñan cancro nalgún momento das súas vidas. Un terzo dos casos de cancro máis comúns pódense previr a través de hábitos de vida saudables. Os principais factores de risco son o tabaco, o alcol, a contaminación, a mala alimentación, a inactividade física e as infeccións oncoxénicas.

       A investigación tamén é un punto importante. O investimento en investigación veríase recompensada polo aforro que supoñería tratar, e curar a moitas persoas.

AdxuntoTamaño
MENÚ FEBREIRO SEMANA 1.pdf198.08 KB