Benvidos ao CEE de Panxón!


É un Centro de Educación Especial que depende da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. Traballamos con alumnado con Trastorno Grave de Conduta.

 

DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Con motivo desta celebración, na Biblioteca do CEE de Panxón tivemos a visita de dúas científicas:

  • Luisa Martínez, da Unidade de Cultura Científica do CSIC-Galicia (Consejo Superior de Investigaciones Científicas)
  • Aurkene Belasco, da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla) da Universidade de Vigo

que nos explicaron cales foron os seus inicios nas súas carreiras como investigadoras e tamán compartiron con nós o seu traballo actual, tendo a oportunidade de poder ver con elas organismos vivos obxecto das súas liñas de traballo: Zooplancto(Artemia Salina, copépodos,...),larvas de lenguado, aparellos bucais de cefalópodos (polbo, choco...)

Desde aquí queremos dar as gracias a TODAS as mulleres investigadoras polo seu traballo, e dun xeito especial a Luisa e Aurkene por ter a ben facer un oco nas súas axendas e compartir con nós todo o seu saber e experiencia.

 

Álbum: CURSO 19/20 -> DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

MENÚ ENTROIDO

E chegamos a unha das festas máis esperadas do curso: o Entroido!! e con ela o noso menú do comedor. A disfrutar da festa e..

BO PROVEITO!!

MENÚ SEMANA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Actualmente son moitos os conflitos que se están suscitando no mundo, pero tamén é moito maior a cantidade de información que se consegue respecto diso. Os nenos e novos, están a ser bombardeados constantemente con textos, datos, infografías, entre outros, que os expoñen, queiramos ou non, a unha realidade cada vez máis violenta. Aínda por riba, comportamentos como o  bullying nas escolas, o  ciberacoso e o escarnio dixital, están a xerar persoas inseguras, con moi baixa autoestima e en casos extremos, nenos que recorren ao suicidio por non ter as ferramentas  psicoafectivas adecuadas para afrontar esas situacións.

bullying nas escolas é unha lacra contra a que hai que loitar. O DÍA DA PAZ o que busca é sementar valores no alumnado, co obxectivo de crear homes e mulleres que prefiran falar no canto de golpear, conciliar no canto de gritar e unirse no canto de competir  fieramente uns contra outros. Isto é o que se coñece como cultura de paz.

Aquí tendes o noso menú pacífico para esta semana!!

BO PROVEITO!!

BO NADAL!!

XA O TEMOS AQUÍ!!!

Como xa ven sendo unha tradición neste últimos anos, aquí tendes o noso vídeo para felicitarvos a todos as Festas, feito con todo o cariño e agardando pasedes un ratiño agradable e divertido.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2020!!!

 

MENÚ 1ª SEMANA NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Comezamos esta semana o mes de novembro, o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, celebración de carácter anual promovida pola  Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura. Este ano iníciase esta actuación coa difusión duntexto, a modo de MANIFESTO, da científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018). A científica resalta a importancia das bibliotecas "para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público"

Unha sociedade ben informada é máis difícil que sexa manipulada. Alicia Estévez Toranzo

E coma todas as semanas, ademáis desta pequena información, tamén vos adxuntamos o menú do noso comedor escolar....BO PROVEITO!!!

 

DE PANXÓN AO CEO

Esta semana fixemos a presentación do noso proxecto aeroespacial "DE PANXÓN AO CEO", grazas ao cal pretendemos enviar un globo cunha sonda que recolla datos atmosféricos e cunhas cámaras de gravación para recoller as imaxes tanto da subida coma da bixada. Asi mesmo levará un sistema GPS para poder localizala en cada momento e así poder recollela no lugar onde aterrize.

Nesta presentación estivo con nós Juan Fernández,  Alcalde do Concello de Nigrán,  que sempre nos apoia e participa nos proxectos que levamos a cabo, e Fernando Puga, Presidente da empresa aeronáutica Delta Vigo, situada no parque empresarial Porto do Molle (Nigrán) e que tamén vai participar neste proxecto.

Agradecemos xa desde aquí a colaboración do noso asesor científico David Ballesteros que nos vai acompañar ao longo do desenvolvemento deste apaixoante proxecto. Deixámosvos o programa de radio de Frikeando nas Ondas no que se explica en qué consite o proxecto e dúas reseñas da prensa local que se fan eco do mesmo e ás que podes acceder clicando nas imaxes.

LONG LIVE & PROSPER!!

 

 

ENTRELOBOS

O pasado mércores 3 de abril tivemos unha visita moi especial, por unha banda contamos coa presencia do naturalista Marcos Parente, un experto noa observación e estudio do lobo ibérico que nos ensinou moitas cousas acerca da bioloxía e comportamento deste animal fascinante, ademáis de coñecer cales son as súas técnicas de estudio.

Por outra banda, tamén contamos coa presencia de Marcos Rodríguez Pantoja, que cando tiña 8 anos de idade foi adoptado por unha manada de lobos en Sierra Morena, vivindo con eles e no medio da natureza durante 12 anos. Compartiu con nós moitas das súas vivencias durante eses 12 anos na Serra, quedando todos totalmente abraiados.

Coma non podía ser doutro xeito,non deixamos escapar a oportunidade de entrevistalos e así poder facer unha nova edición de Frikeando nas Ondas, o programa de maior éxito radiofónico do momento, gracias ao cal podemos compartir con vós todo o que nos amosaron eles.

Aquí podes escoitalo:

 

 

Ricardo Blach, patrón do Alakrana

O pasado 30 de xaneiro visitounos Ricardo Blach, que fora patrón do atuneiro Alakrana, e comprtiu con nós as súas vivencias ao longo de toda a súa extensa vida adicada ao mar, incluindo tamén o ataque que sufriron no 1999 por parte dos piratas somalíes nas augas do Índico.

Gracias Ricardo por compartir as túas vivencias con nós!

 

n/d
Distribuir contido