O equipo de Non me Importa TV, coa colaboración de todos os profes e alumn@s, realizou este video para entender mellor en que consiste o Estado de benestar |
|||
Aquí vos deixamos a curtametraxe realizada polos alumnos de Secundaria do CEE de Panxón e que participa no Concurso "2016: o reto do acoso escolar" organizado pola Fundación Barrié e a Asociación Arela de apoio á infancia e mocidade. Esperamos vos guste e serva para concienciar sobre estas situacións que non deberían darse nunca nas aulas de ningún centro educativo:
Mauro escríbese con B from CEE PANXON on Vimeo. |
|||
Resumo da visita que nos fixeron os pequenos da E. I. As Dunas e na que non faltou a boa música, o relato dun conto e unha máis que apetecible merendola!! Que ben o pasamos!!
|
|||
Unha nova edición de "Pasapanxón", onde os concursantes poñen a proba os seus coñecementos...Hoxe presenta Kael e concursan Marilú e Óscar:
|
|||
Video sobre o rastrexo levado a cabo polos alumnos do centro para descubrir os arredores de Panxón dun xeito divertido:
|
|||
Aquí tendes un video dunha tarefa interdisciplinar e multinivel. Os alumnos de ESO1 prepararon unhas receitas de postres típicos de Entroido, e despois cociñaron: orellas e flores. Os alumnos de Ed. Primaria, por outra banda, viñeron a gravarnos e mesmo fixeron un stop-motion para o encabezado do video onde se amosan os ingredientes necesarios. Este é o resultado final dunha tarefa levada a cabo entre dous dos proxectos deste curso : "LET´S GO TO PORTUGAL" e "PRODUCIÓNS PANXÓN"
|
|||
Desde outro dos porxectos que estamos a desenvolver, NON ME IMPORTA, analizamos novas de actualidade.. Aquí tendes a nosa visión do conflicto que está a suceder en Siria nunha reportaxe de NON ME IMPORTA TV... esperamos vos guste!
|
|||
O 12 de novembro celebramos entre todos unha das tradicións galegas máis populares e divertidas: o MAGOSTO!
|
|||
O 25 de novembro, con motivo do Dia Mundial contra a violencia de xénero,a alumna Yaisa Pousada coa música interpretada polo porfe de música Chema Castelló, fixo este texto que nos fai reflexionar acerca deste tema
|
|||
Este curso estamos traballando en dous proxectos e - twinning (Intercultural Mosaice e Culture in a Box) dentro do noso “macro proxecto” Let's go to Portugal!! Intercultural Mosaic é un proxecto no que traballamos de forma colaborativa trece países europeos. Os obxectivos deste proxecto son:
A primeira tarefa consistía en grabar un video presentación, e aquí podedes botarlle un ollo á presentación dos nosos alumnos. A grabación e montaxe do video foi realizada dende o proxecto Producións Panxón.
|
|||
