blogue deadmin

MENU 1ª SEMANA FEBREIRO

          

            Comezamos o mes de febreiro, adxuntando o menú do comedor para esta semana, e lembrando que hoxe día 4, é o Día Mundial contra o cancro, promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC) e a Unión Internacional contra o Cancro (UICC) co obxectivo de aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.

         O cancro é un proceso de crecemento e diseminación incontrolados de células. Pode aparecer practicamente en calquera lugar do corpo. O tumor adoita invadir o tecido circundante e pode provocar metástase en puntos distantes do organismo. 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terá cancro nalgún momento da súa vida. Cada ano diagnostícanse no mundo 14 millóns de casos novos e a enfermidade provoca 8,2 millóns de mortes.

           É moi probable que nós mesmos ou alguén da nosa familia teñan cancro nalgún momento das súas vidas. Un terzo dos casos de cancro máis comúns pódense previr a través de hábitos de vida saudables. Os principais factores de risco son o tabaco, o alcol, a contaminación, a mala alimentación, a inactividade física e as infeccións oncoxénicas.

       A investigación tamén é un punto importante. O investimento en investigación veríase recompensada polo aforro que supoñería tratar, e curar a moitas persoas.

MENU 4ª SEMANA XANEIRO

Rematamos o mes de Xaneiro, na semana que celebramos o Día escolar da paz e da non violencia, tendo moi presente que:

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO (M. Gandhi)

 

BO PROVEITO!!!

MENU 3ª SEMANA XANEIRO

Continuamos ascendendo pola costa de Xaneiro, que esperamos sexa máis levadeira co menú que propoñemos para esta semana.

BO PROVEITO!!

MENU 2ª SEMANA XANEIRO

Adxuntamos a proposta gastronómica do comedor escolar desta semana.

BO PROVEITO!!

MENU 1ª SEMANA XANEIRO

Feliz Ano Novo a todos! Xa estamos de volta logo de recargar as pilas, e comezamos esta primeira semana escolar do ano 2019 adxuntándovos o menú da mesma, e desexándovos o mellor!!

BO PROVEITO!!

SABANDUXA 2018

Xa temos a nosa Sabanduxa 2018, gracias a todos os que participastedes nesta actividade do comedor. Esperamos que o pasarades ben!!

Aprovetiamso para desexarvos a todos un 

BO NADAL E PROSPERO ANO NOVO 2019

 

VÍDEO NADAL 2018

Xa o temos aquí! O tradicional vídeo de Nadal do CEE de Panxón, este ano cunha sinxela homenaxe ao mítico grupo The Ramones.

Esperamos que vos guste e desexámosvos:

BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2019!!

 

 

MENU 3ª SEMANA DECEMBRO

Chegamos ao remate do 1º trimestre, logo de moito traballo, as merecidas vacacións!!

Lembrade que o martes 18, de 17:00h a 19:00h elaboraremos a Sabanduxa de Nadal no CEE de Panxón!!

Desde o comedor escolar desexámosvos un moi Feliz Nadal e próspero Ano Novo 2019!!

Vémonos en Xaneiro!!

 

BO PROVEITO!!

SABANDUXA 2018

Xa podedes inscribirvos na actividade da creación da nosa Sabanduxa 2018 na conserxería do voso centro ata o luns 17 de decembro.

Dita actividade terá lugar o vindeiro martes 18 de decembro de 17:00h a 19:00h no CEE de Panxón.

Tendes máis información no arquivo adxunto

MENÚ COMEDOR 2ª SEMANA DECEMBRO

Segunda semana de decembro xa!! Falta pouquiño para as merecidas vacacións de Nadal, pero antes lebrar que nesta semana, o día 10, celebramos o

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS:

TODOS DIFERENTES, TODOS IGUAIS

Fai clic no adxunto para descargar o menú desta semana e bo proveito!

 

 

Distribuir contido