Skip to Content

BECAS e AXUDAS

O prazo remata o 29 de setembro . Toda a información pulsando aquí

Actividades mes de xuño

Contacontos Voluntariado CEIP San Francisco Javier

Os alumnos do voluntariado do CEIP San Francisco Javier acudiron ao noso centro para representar aos nosos alumnos a obra "Vïstote e cómote" adaptada polos alumnos de Educación Infantil.

 

Actividades abril

Taller de cociña

Talleres de cociña no centro ao longo do mes de abril.

O noso horto

Neste mes de abril iniciamos a actividade do horto.

Taller de música

Os alumnos de comunicación realizaron un taller de música.

Actividades marzo

Excursión Casa das Ciencias

O 14 e o 17 de marzo os nosos alumnos foron de excursión á Casa das Ciencias.

Mes de febreiro

Charla de D. Angel Carracedo

Charla extraoridinaria de D. Angel Carrecedo no IES Otero Pedrayo coa asistencia dalgúns dos nosos alumnos.


Entroido 2016

O centro engalanouse con diferentes murais alusivos ao Entroido. 

 

Tamén nos visitou o Meco do Entroido.

 

E como todos os anos disfrutamos do Entroido en compañía dos nosos veciños do CEIP María Pita.

Este ano contamos coa compañía dos Kilomberos de Montealto grazas ás xestións da nosa compañeira Angela. Queremos agradecerlles a súa presenza xa que a súa actuación foi unha inestimable aportación para facer do Entroido deste ano, un Entroido fantástico.En nome de toda a comunidade educativa; ¡¡¡Grazas!!!

2ª sesión con Perros y letras

O 5 de febreiro levouse a cabo a 2ª sesión de Perros y letras. Preme na imaxe para ver como foi.

Mes de xaneiro 2016

 Hoxe 25 de xaneiro iníciase no noso centro a aventura da lectura cunha compañía moi especial: un can.

Queremos dar as gracias ao concello da Coruña por facer posible coa súa subvención que se inicie esta actividade no noso centro e á Complutense e o equipo de Perros y Letras por contar con nós para este proxecto.

Nesta primeira fase, participarán na actividade 6 alumnos do noso centro e a súa compañeira de viaxe será GUINDA.

Máis información no seguinte enlace: Preme aquí.

Felicitación NADAL 2015

Os alumnos do noso centro queren desesarlles un Feliz Nadal.

A comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario quere desexarlles unhas felices festas e convidaos a construir a árbore da esperanza representada nesta felicitación de Nadal.

Actividades decembro 2015

Visita á DOMUS

Os nosos alumnos fixeron unha saída á DOMUS.

Grupo 1

 

Grupo 2

 

 

Actividades novembro 2015

Magosto 2015

En colaboración co CEIP María Pita, celebramos o magosto.

Aquí podemos ver as exposicións que fixemos con todas as cousas feitas polos nosos alumnos.

Ademáis, na xornada de degustación das castañas, contamos coa presenza do grupo de folklore galego.

 

Actividades outubro 2015

Facendo pan/Deporte na rúa

Iniciamos o curso 2015-16 facendo diveferentes actividades complementarias. Fixemos pan e participamos na Xornada de Deporte na rúa organizada por ADACECO.

O Samaín

Durante a segunda quincena de outubro fixemos varias actividades para conmemorar o Samaín.

Distribuir contido


by Dr. Radut