Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

blogue deadmin

RUTAS E HORARIOS TRANSPORTE

Para visualizar cada ruta individual, consultar pdf adxunto.

MANUAL

Manual de seguridade viaria e boas prácticas para persoas usuarias do transporte de escolares.

(Clicar na imaxe para acceder ao documento)

 

PROTOCOLO

Protocolo de medidas seguras para desprazarse cara a parada do autobús de escolares e durante o traxecto cara o colexio. 

(Clicar na imaxe para acceder ao documento)

 

AVISO TRANSPORTE ESCOLAR

Infórmannos dende o Servizo de Apoio aos Servizos Educativos que hoxe 15/02/2024 está programada unha concentración de tractores con posibles cortes de tráfico na entrada da cidade da Coruña.

De acordo os horarios previstos da movilización, estimase que podería dar lugar a atrasos nas expedicións de saída o mediodía do transporte escolar.

 

 

O CEE Nosa Señora do Rosario "Come Local"

ENTROIDO 2024

 

*Os mandatos do Meco poden ser acumulativos.

 

Os días 12, 13 e 14 de febreiro son días non lectivos. Retomaremos as clases o xoves 15 de febreiro.

 

Galiciaskills

Hoxe o noso alumnado de Programas Formativos están en Silleda a demostrar as súas habilidades con outros moitos centros de Galicia. 

Noraboa! Estamos moi orgullosos de vós!

 

Programa Cóxegas setembro 2023

Trasladamos dende a ANPA do centro a seguinte información:

Está aberto o prazo de inscrición no programa Cóxegas ata o día 5 de setembro ás 23:59 h.

Enlace para acceder ao formulario de inscrición: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Calquera dúbida contactar coa ANPA.

II Xuntanza

Estades convidados todos e todas á II Xuntanza de Familias do CEE Nosa Señora do Rosario.

Teremos contacontos, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos dunha tarde de convivencia e diversión.

Contamos con vós!

Aviso folga no sector do transporte de viaxeiros

Informamos que o vindeiro xoves, 18 de maio, está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros que podería afectar ao funcionamento e horarios das rutas do centro.