Skip to Content

Biblioteca

SABELA E PERICO NO OUTONO

Fai uns días que luce na entrada do colexio o mural colectivo no que estivemos traballando dende que comezou o Outono...desde a aula 1   ata a 10  todo o alumnado aportou o seu grao de area e fixo con tanto amor que o resultado non podía ser doutro xeito!!! Así de fermoso quedou!!!Moitas gracias a todos!!!
 

VOCABULARIO DE OUTONO

Aquí vos deixamos un vídeo con novo vocabulario relacionado co outono e así poder darlle continuidade ao traballo comezado o curso pasado.
Esperamos que vos sexa de utilidade...
 
 

SABELA E PERICO PRESENTAN A CASA

O pasado martes, día 9 de outubro, na biblioteca, durante a 1ª, 2ª e 4ª sesión e agrupado por niveis, o alumnado asistiu á presentación do proxecto deste curso, "A Casa", que por decisión do claustro decidiuse continuar co mesmo do curso pasado por mor de repasar e profundar no tema, dado que se crearon moitos materiais adaptados, tanto dixitais coma impresos, sendo importante explorar e repasar para afianzar o traballado.

A continuación, coma sempre, un resumo desta actividade.

 

PERICO VAI POLAS AULAS E ATOPA UN AMIGUIÑO

Si, si...como volo contamos...hai uns días que Perico atopou un amiguiño no cole, é o grilo Crí Crí!!!
Xa vos iremos informando do que lles acontece...ata logo!!!

 

Durante os días que estivo no cole convertémonos en verdadeiros observadores/as e tamén estivemos investigando para atender as súas necesidades...ollade as fotiños e podédelo comprobar...

              

 

Distribuir contido


by Dr. Radut