Skip to Content

Biblioteca

RECURSOS DÍA DA PAZ

Perico e Piruleta estiveron a buscar na rede ideas para ir preparando o Día da Paz, e axudar tanto ao alumnado coma as mestras que xa andan a preparar o noso proxecto.

Lembrar que dende a biblioteca íase partir do conto de "Elmer" e con esa temática elaborar o noso conto, sendo protagonista o noso galo...

Atentos que xa xurdiron moitas ideas e vai ser unha gran celebración cun chisco de deporte, música, baile...

De momento ide ollando a seguinte recopilación:

 

FELICITACIÓN DOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Esta semana, os axudantes da biblioteca estiveron preparando unha fermosa árbore para felicitar o Nadal e quedou exposta en forma de mural. Agardamos que vos guste.

 
E aquí unhas fotiños de como traballaron:
 
 
 
 



TARXETA DIXITAL DE NADAL

Este Nadal, Perico e Piruleta achéganvos unha felicitación de nadal moi especial.

Un traballo de colaboración, entre os cinco obradoiros que funcionan no centro, que xira arredor do proxecto deste curso "Sabela, castañas e landras" relacionado co presentado para Voz natura (repoboando), con narración do alumno Artur (en escolarización combinada) e con arranxos musicais por parte de algúns membros da comunidade educativa.

E... Como di  a tarxeta: 
Bo Nadal dende o CEE MIÑO !!

 

RECURSOS PARA O NADAL

Perico e Piruleta estiveron buscando e recopilando información sobre o Nadal, e aínda que o alumnado do CEE Miño xa leva uns días traballando moito na preparación da tarxeta de nadal, decoración do centro e preparando o festival, deíxanvos aquí unha selección de cousiñas:


 
 Recursos EDLG
 
 
 
 
 


Distribuir contido


by Dr. Radut