Skip to Content

Biblioteca

SAN VALENTÍN: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

 

RECURSOS PARA DATAS SINALADAS EN FEBREIRO

Perico e Piruleta estiveron buscando e preparando algunhas cousiñas para celebrar datas sinaladas deste mes: amor e amizade, Rosalía e o Entroido, entre outras.

A continuación unha relación:

PREPARANDO A PAZ

Como xa Perico e Piruleta mencionaron na entrada anterior, dende o equipo  da biblioteca propuxérase partir do conto de "Elmer" como elemento motivador para traballar o Día da Paz, e dende ese punto elaborar o noso conto tendo como protagonista o galo do galiñeiro que quere ser coma as galiñas; para o acto escenificación con camisetas brancas, negras e unha pintada na aula de distintas cores, imitando a cor das galiñas e galo do noso galiñeiro.

RECURSOS PARA A PAZ II

Perico e Piruleta seguiron a buscar, e atoparon que no CEE Miño tamén xa se levan feito moitos vídeos e cancións adaptados para celebrar o Día da Paz, así que para non ter que buscar nas publicacións vellas deixan aquí unha selección dos últimos cursos:

RECURSOS DÍA DA PAZ

Perico e Piruleta estiveron a buscar na rede ideas para ir preparando o Día da Paz, e axudar tanto ao alumnado coma as mestras que xa andan a preparar o noso proxecto.

Lembrar que dende a biblioteca íase partir do conto de "Elmer" e con esa temática elaborar o noso conto, sendo protagonista o noso galo...

Atentos que xa xurdiron moitas ideas e vai ser unha gran celebración cun chisco de deporte, música, baile...

De momento ide ollando a seguinte recopilación:

 

FELICITACIÓN DOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Esta semana, os axudantes da biblioteca estiveron preparando unha fermosa árbore para felicitar o Nadal e quedou exposta en forma de mural. Agardamos que vos guste.

 
E aquí unhas fotiños de como traballaron:
 
 
 
 



Distribuir contido


by Dr. Radut