Skip to Content

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS

A semana do 26 ao 30 de Outubro estivemos realizando algunhas actividades no centro para conmemorar dúas datas importantes no calendario escolar.

Por un lado, o 24 de Outubro celebrouse o Día das  Bibliotecas Escolares e quixemos aproveitar dita  data para presentar o conto co que traballaremos este curso e será a línea temática do centro: SABELA E A RÚA

BANCO DE RECURSOS PARA O OUTONO E AS SÚAS FESTAS

Chegou o Outono e para facilitar un pouquiño o traballo nas aulas, aquí vos deixamos un recopilatorio de algúns recursos que atopamos pola rede e poden ser de utilidade sobre esta estación e as distintas festas que nela se traballan.

Recomendámosvos que tamén botedes un ollo ao blogue da nosa bliblioteca para recordar os traballiños que se fixeron outros cursos.

BENVIDOS E BENVIDAS Ó NOVO CURSO ESCOLAR

BENVIDOS E BENVIDAS!!!!  

Comezamos un novo curso escolar enmarcado nun contexto con moitas incertezas e unha chea de cambios nos que é preciso que traballemos xuntos familias e colexio.

Estamos seguros que deste xeito seremos capaces de superar este reto!

COS NOSOS TRABALLOS CREAR E APRENDER

DESDE COMEZOS DO MES DE MAIO DE XEITO VIRTUAL, PASIÑO A PASIÑO, FOISE CELEBRANDO A PRIMAVERA DAS LETRAS 2020. COA RECOLLIDA DAS PRODUCIÓNS (DEBUXOS, DECORACIÓN DOS GALOS, REFRÁNS, ADIVIÑAS E DITOS POPULARES) DO ALUMNADO E FAMILIAS AQUÍ VOS DEIXAMOS DÚAS MONTAXES, CON ELAS DASE POR REMATADA ESTA CELEBRACIÓN  E ATA O VINDEIRO OUTONO. GRAZAS POR PARTICIPAR.

REVISTA COUSIÑAS

ESTE CURSO FOI BEN DIFERENTE PERO AÍNDA ASÍ NON DEIXA DE SER ESPECIAL. SENDO TODOS UNS SUPERHEROES NADA VAI IMPEDIR QUE SE POIDA SEGUIR TRABALLANDO DESDE DONDE SEXA E CADAQUÉN COAS SÚAS APORTACIÓNS.

AGORA TOCA LEMBRAR OS GRANDES MOMENTOS E, PARA ISO TEMOS UN ANO MÁIS A REVISTA "COUSIÑAS" CURSO 2019-2020.

PASADE UN BO VERÁN E DESEXANDO PODER ESTAR DE NOVO EN SETEMBRO CON TODOS VÓS.

O NOSO AGASALLO PARA VÓS É...

Chegou o mes de xuño case sen darnos conta e despois de tantos días sen vernos tamén toca despedirnos do xeito que nunca imaxinamos...

O noso desexo máis grande  é que todos sigades ben e que pronto nos podamos volver a ver...

Para despedir este curso tan "raro" queremos facer un agasallo... unha actividade elaborada con todo o cariño para o noso alumnado e as súas familias...Agardamos que vos guste!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut