Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2019

En pleno mes de xaneiro, Perico e Piruleta deíxanvos en formato dixital, o calendario do centro para este ano 2019.
Os membros da comunidade, que o solicitaron, xa o teñen en formato papel.

RECURSOS PARA A PAZ II

Perico e Piruleta seguiron a buscar, e atoparon que no CEE Miño tamén xa se levan feito moitos vídeos e cancións adaptados para celebrar o Día da Paz, así que para non ter que buscar nas publicacións vellas deixan aquí unha selección dos últimos cursos:

RECURSOS DÍA DA PAZ

Perico e Piruleta estiveron a buscar na rede ideas para ir preparando o Día da Paz, e axudar tanto ao alumnado coma as mestras que xa andan a preparar o noso proxecto.

Lembrar que dende a biblioteca íase partir do conto de "Elmer" e con esa temática elaborar o noso conto, sendo protagonista o noso galo...

Atentos que xa xurdiron moitas ideas e vai ser unha gran celebración cun chisco de deporte, música, baile...

De momento ide ollando a seguinte recopilación:

 

FESTIVAL DE NADAL 2018

E por fin aquí temos o material audiovisual no que se reflexa como vivimos no CEE Miño o comezo das vacacións de Nadal e a despedida do primeiro trimestre.

O noso festival de Nadal comezou ás 13:00 horas e celebrouse o día 21 de decembro no ximnasio cole.

Preparamos un vídeo e unha presentación de fotos para recordalo...agardamos que vos guste!!! 

 
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut