Skip to Content

A FESTA DOS MAIOS

Hoxe estamos por aquí para contarvos como foi a confección do noso MaioSabela”.

Na semana do 3 ao 7 de maio, todo o alumnado do centro, acompañado polos titores e titoras e contando co apoio dos especialistas, saíron polos arredores do centro para recoller os materiais para a decoración (flores variadas, fentos, fiúnchos, froitos, follas, pedriñas...).

Prestou moito o contacto coa natureza...é un gustazo facer este tipo de actividades!!!

Logo xa nas aulas....

AULAS 1 E 2 prepararon a CAMISETA

AULAS 2 E 3 prepararon a SAIA

AULAS 5 E 6 prepararon o SOMBREIRO

AULAS 7 E 8 prepararon os PENDENTES E COLAR e

AULAS 9 E 10 prepararon o BOLSO

Chegou o venres día 7 de maio e desde a mañá cedo a nosa protagonista do día, Sabela, xa estaba lista nun carriño adornado para a ocasión....

Comezaron as aulas 1 e 2 a vestila e así sucesivamente o alumnado foina levando polos corredores para que todas as aulas lle puxeran a prenda ou complemento que lles tocou. Cada vez estaba máis fermosa...e daba gusto vela...

Ás 12:00 SABELA saíu para o patio e ao seu arredor fixemos unha pequeniña festa.

Arthur e Sofía recitaronlle unhas coplas e refráns, que todo o alumnado recopilou coa colaboración das familias,  e os demáis  estiveron ben atentos para non perderse detalle.

Xa como remate da festa, as protagonistas foron as pompas de xabón xa que unha máquina estivo botando nelas para que maiores e pequenos disfrutaran baixo elas.

Ollade que ben o pasaron:

 



blog | by Dr. Radut