Skip to Content

Botellas sensoriais caseiras

 Ola de novo!

Hoxe comparto as receitas para crear unha serie de botellas sensoriais. As botellas sensoriais poden conter unha gran variedade de cousas (auga, purpurina, gomitas, pompos, follas, pedras, garabanzos, etc.). Calquera cousa que se nos ocurra e que estimule os sentidos dos nosos nenos e nenas.

Todo un acerto para xogar, relaxar e traballar certos conceptos na aula.

Advertencia: Pode que os nen@s queiran pasarse a sesión enteira cas botellas se llas ensinamos ao comezo da clase. Mellor deixalas para os últimos cinco ou dez minutos se queremos traballar con outros materiais.

Espero que vos gusten!



blog | by Dr. Radut