Skip to Content

Sopro con Joao

Dentro das bases anatómico-funcionais que temos para lograr unha adecuada articulación está o sopro.

Ter unha boa capacidade de sopro é importante para a articulación, especialmente de fonemas nos que está máis implicado como a /s/ ou a /p/.

Cando falamos de capacidade de sopro englobamos tres habilidades: control, forza e direccionalidade. É importante seleccionar cuidadosamente o tipo de actividades que imos facer en función do obxectivo concreto que queramos alcanzar co noso alumnado.

 

Neste caso temos unha mostra de Joao practicando a forza no sopro co football, o control apagando velas e, a dirección guiando a oruga por enriba da mesa cunha palliña. Non hai nada que se lle resista a Joao.

 

Así da gusto!

 

Posdata: temos que agradecer a profe Vanessa que nos deixara o seu campo de football, encántanos!

 



blog | by Dr. Radut