Skip to Content

ADAPTARSE ou nada!

 

O tempo as veces é escaso para facer todo o que temos planeado e outras veces simplemente os alumnos marcan o camiño polo que debemos andar.

Isto foi o que aconteceu con Mateo a última semana. Ante a perspectiva de facer un puzzle de mesa, co fin de traballar a atención e concentración, Mateo non viu máis alternativa que buscar outro puzzle máis afín os seus gustos.

Pois iso: un puzzle xigante de encaixar no chan. 

Nese intre eu tiña dúas opcións: enfadarme e converter a aula nunha zona de batalla sen conseguir seguramente nada, ou levar cu ao chan, acompañalo na tarefa, e pensar en preparar puzzles xigantes que poida facer noutras ocasións.

 

Adiviñades que pasou?

 



blog | by Dr. Radut