Skip to Content

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Na última semana de abril estivemos realizando distintas actividades no cole en relación ao Día do libro.

A continuación deixámosvos un vídeo resumo dos contacontos que se levaron a cabo na biblioteca. 

Por un lado, foi Marta, a mamá de Oslo a que se animou a colaborar e encargouse de contar dous contos ao alumnado: O casamento da pulga e do piollo e o Quitapenas. Foi moi bonito e divertido xa que, para o primeiro conto, empregou unhas marionetas de papel e para o segundo, encargouse de facer un sacapenas para cada alumno e foi un agasallo que lles fixo. Moitísimas gracias por todo!!!

Por outro lado, Sabela a protagonista do noso proxecto apareceu para contarnos un conto do que ultimamente se fala moito polos corredores...si, si, o de Maruxa. Empregou os distintos personaxes e o alumnado participou e ata quixeron tocar as letras feitas con masa de pan.  

Agardamos que vos guste e disfrutadeo!!!

 


story | by Dr. Radut