Skip to Content

blogue deEliana Sara

A RASGAR!

 

Rasgar, é cortar papel sen tesoiras, utilizando soamente as mans. Este tipo de actividade favorece e mellora a pinza, a coordinación bilateral das mans, a atención, o manexo da forza, a prensión e a coordinación visomotriz. Esta actividade facémola moito na aula 8 de diferentes maneiras:

NÚMEROS DIVERTIDOS

Boas tardes familias!

durante todo este tempo moitos docentes do noso gremio elabora e comparte diferentes materiais de forma altruista. Hoxe comparto un material manipulativo e sinxelo de ARASAAC elaborado dende o blog "cosasdeverito" para traballar os números do 1 ao 5. Este tipo de tarefas as facíamos na aula 8 no momento de traballo en mesa e van acompañadas de vídeos explicativos para que os papis e mamis o teñan moito máis claro.

Moito ánimo e moita forza!

 

 

 

A QUE SABE A LÚA?

Ola familias!, feliz día do libro!!

e como agasallo déixovos este contacontos da adaptación do conto “a que sabe a lúa?”; é un conto moi sinxelo onde podemos traballar os diferentes animais; no arquivo adxunto un documento cos animais para imprimir, colorear e recortar; deste xeito poderedes contarlle o conto aos vosos fillos/as dunha maneira máis manipulativa e onde eles participen colocando os animais.

 

XOGOS DIVERTIDOS

Ola familias!!

hoxe déixovos no arquivo adxunto algunhas suxerencias de xogos de imitación motora grosa e fina; son sinxelos de facer e seguro que botades unhas risotadas.

 

Un saúdo e moita forza!

APPS PARA SEGUIR APRENDENDO

 

Ola de novo,

 

para as vacacións de semana santa fixen unha selección de algunhas aplicacións para a tablet, móbiles...xa sei que as miñas compañeiras subiron xa algúns documentos sobre este tema pero esta selección está adaptada ao alumnado da aula 8, algunhas de elas xa coñecidas por eles e traballadas na aula. Outra forma divertida de aprender!

 

ÁRBORE FAMILIAR

 

Ola familias,

 

esta actividade que vos propoño consiste en facer unha árbore familiar; co tema de ficar na casa estamos separados da nosa familia máis próxima o que non é doado; por iso, con esta árbore podemos simbolizar todas esas apertas e bicos que nos daremos cando todo isto acabe, agora verase un pouco baleiro pero pronto encherase de pegadas de cores (simulando as flores e as follas) como unha árbore en primavera.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut