Presentámonos

Benvidos ao CEE María Mariño!

31/05/2021

CEE María Mariño

 

 

 

O noso centro atende a alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a discapacidade  intelectual ata os 21 anos.

 

 

 

 

 

NIVEIS E SERVIZOS EDUCATIVOS

  • Etapa de Atención Educativa Temperá:

O currículo desta etapa orientase a acadar un desenvolvemento integral e hármonico da persoa nos distintos planos físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo, e a procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o devandito desenvolvemento.

 

  • Etapa de Ensinanza Básica Obrigatoria:

Nesta etapa educativa os elementos que a condicionan están baseados no ritmo e estilo de maduración de cada neno no desenvolvemento e na aprendizaxe, por iso terase en conta sempre a súa afectividade, as súas características persoais, as súas necesidades, intereses e estilo cognitivo.

 

  • Etapa de Transición a Vida Adulta:

Nesta etapa será fundamental proporcionarlles aos nenos/as experiencias que faciliten a súa inserción no mundo laboral, sempre que sexa posible. A escola tratará de coordinarse con outras institucións, buscando a colaboración de outros profesionais.

 

  • Educación Física e Psicomotricidade e Educación Musical:

Cada aula ten dúas ou tres sesións de educación física e educación musical, dependendo das necesidades do seu alumnado.

 

 

  • Aula de Estimulación Multisensorial:

O material que se presenta nesta aula sirve de instrumento como medio relacional, como ferramenta de xogo, e como fonte de curiosidade, é dicir, a súa finalidade é espertar os seus sentidos creando un contorno rico en estímulos que permitan incrementar as súas habilidades e potencialidades, facilitando con iso o proceso de ensino aprendizaxe. Así se axudará ao noso alumnado a adquirir e adesenvolver habilidades motoras, cognoscitivas e socioafectivas, é dicir, potenciarase ao máximo o seu desenvolvemento.

columna de burbujas

 

  • Novas tecnoloxías da información e comunicación:

A maioría das aulas do centro, están dotados con Encerados Dixitais Interactivos, para traballar diversos contidos educativos. Ademais dispoñemos de varias tablets.

 

ACTIVIDADES INCLUSIVAS

O centro realiza diversas actividades que fomentan a inclusión do noso alumnado en outros centros educativos. Algunha desas actividades son:

 

  • Obradoiro de interculturalidade a través da danza:

Pretende fomentar a participación en tarefas colectivas, sendo conscientes da necesidade das aportacións individuais e da disciplina propia e doutros para posibilitar a danza común.

 
 
  • Obradoiro de teatro:

A través del preténdese: explorar a capacidade expresivamediante distintas linguaxes (oral, corporal,…) e aumentar a amplitude do seu contorno vital a o incluír nas súas rutinas as saídas para actuar ou ver representacións.

 

 

  • Obradoiro de gravado:

As características conceptuais e técnicas de gravado fano moi interesante dentro do ensino artístico. Co obradoiro proponse unha aprendizaxe práctica, encamiñada a desenvolver a creatividade ea experimentación dos alumnos/as.


mostra dun gravado

  • Proxecto Voz Natura:

Co proxecto “El jardín de los Sentidos”, propoñémonos configurar un contorno máis afable e cunha maior presenza da Natureza, ao mesmo tempoque compartimos co noso alumnado o pracer de xerar un novo mundo depercepcións e afáns.

Ademais, non podemos esquecernos das numerosas saídas, ao contorno máis próximo, que realizamos ao longo do curso escolar, cuio obxectivo é desenvolver diversas habilidades que faciliten a inclusión social do noso alumnado.

OUTROS SERVICIOS

  • Comedor:

É un servizo ofertado pola Consellería de Traballo e Benestar Social ao alumnado do CEE “María Mariño”. Todo o persoal docente e non docente debe acudir ao comedor para a intervención directa nos hábitos alimenticios e sociais dos alumnos/as. Entre outros: comer de todo progresivamente na cantidade axeitada, manter a orden e en xeral gardar as normas de convivencia nun contexto diferente ao da aula, moi importante na aprendizaxe destes alumnos/as porque contribúe nun maior grado de autonomía persoal.

  • Actividades extraescolares:

Son as que se levan a cabo en horario de 15 h. a 17 h. Parte do alumnado fai diversas actividades lúdico-formativas, coas educadoras, os obxectivos da súa intervención son, entre outros, favorecer a autonomía das persoas, desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural e lúdica. E outro gurpo de alumnos/as que posúen un certo nivel de habilidades manipulativas e son capaces de acadar maiores niveis de independencia individual e social, realizan as súas tarefas en distintos obradoiros como alfombra, carpintería, ximnasia rítmica, pirogravado, pasta de papel, … .

  • Transporte:

Temos 6 rutas que inclúen a cidade da Coruña e concellos limítrofes.

 

Por último, queremos animaros a pór vos en contacto con nós, ante calquera dúbida. 

Distribuir contido