¡É POR FIN O GRAN DÍA!

PAPÁ NOEL CHEGOU O NOSO COLEXIO CARGADO DE AGASALLOS E COLLEU PERSONALMENTE AS NOSAS CARTAS.QUE EMOCIÓN...

MOITAS GRAZAS PAPÁ NOEL

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free picture slideshow

NORABOA ANTONIO!!!

Educación premia a un dos nosos alumnos "por o seu esforzo e superación".

NORABOA !!!

Podedes ver no seguinte enlace a noticia.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/23897

QUE CHEGA...

Xa estamos preparados para as festas... este ano vai ser un Nadal de ...

Deixámosvos algunha foto para que vexades o que se está argallando no CEE INFANTA ELENA!!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

Para conmemorar o día da discapacidade (3 de decembro) no centro fixeronse diferentes actividades.

1. Nas aulas fixose unha pescuda polas redes sobre unha personaxe famosa,animada ou alguén de interese para o alumnado que teña diversidade funcional.Toda  información foi recollida nunha cartolina paera posteriormente ser exposta.Conxuntamente coa actividade antereior,o alumnado  realizou un debuxo de temática libre e sinxelo sen empregar as mans.

 Por outro lado ,tamén se visionou duas curtas "Está ben ser diferente" e "Está ben ter amigos diferentes" nas cales participamos entre 29 centros educativios de toda Galicia.

Podedes ver o resultado:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=hq1MVbmeOUE

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=9wGNbF6WhBk

CONTAMOS TODAS

Hoxe o grupo de xardinería e restauración participou nun obradoiro titulado "Contamos todas" que combina historias contadas con música en directo na Casa da Cultura.

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar o Día contra a Violencia de xénero que ten como data o 25 de novembro fixemos unha actividade de sensibilización en colaboración co CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín.

Co formato de twiter (paxaro incluido) fixemos un mural co hashtag Equaliter e as verbas de cada neno en contra deste tipo de violencia.

Asi nos quedou!!!

 

 

"VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOVO CONTEXTO DIXITAL"

Hoxe asistimos o Obradoiro "Violencia de Xénero e o novo contexto dixital"de 11.15 a 13.00 no salón de actos da Casa da Cultura,compartindo actividade e viaxe co CEIP A Gándara.

EXPOSICIÓN BERROS E OLLADAS

O venres 17 de novembro os alumnos dos grupos I,III, IV,Xardinería e Restauración asistiron a vista guiada da Exposición de Berros e Olladas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

SAÍDA O PARQUE DOS CONDES

Hoxe os grupos II e V fixemos  unha saída o Parque dos Condes e  disfrutamos dos patiños que nos gustaron tanto do río Cabe.Tamén fixemos unha paradiña nunha tenda de xoguetes xa que pronto se achega o Nadal.

QUE BEN O PASAMOS!!!!

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 O venres día 10 festexamos o magosto no colexio e divertímonos moito cos xogos dos que puidemos disfrutar.

Mirade que ben o pasamos!!!

 
 Toda a semana nas aulas fixéronse distintos traballos...ollade que ben nos quedaron!!
 

Powered by Drupal - Design by artinet