02 Aneae e anee.ESO.BAC
Índice tema

Decreto 324/1996do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG, 09-08-96).

Funcións xefe/a de estudos. Art 31. h) Coordina-la actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación, adaptación curricular, diversificación curricular e actividades de
recuperación, reforzo e ampliación.

Función coordinadora da AC do titor. Art. 59. f) Coordina-las adaptacións curriculares necesarias para alumnos e alumnas do seu grupo.

Competencia do CCP de establecer directrices xerais para elaboracións das AC. Art. 77 d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos departamentos, do plano de orientación académica e profesional, do plano de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular e de garantía social, incluídos no proxecto curricular.