02 Aneae e anee. ESO. BAC
Índice tema

2.8. Atención educativa en condicións de internamento en réxime cerrado ou terapéutico/sometido a medidas de responsabilidade penal

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 52º.

Artigo 52º.-Atención educativa en condicións de internamento en réxime pechado ou terapéutico. As atencións educativas establecidas nos artigos anteriores para a atención hospitalaria ou domiciliaria poderán ser de aplicación, en liñas xerais e coas correspondentes adaptacións, ó alumnado que se atope en condicións legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico, por aplicación do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11).  Art. 26º.

Artigo 26. Alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal.

A escolarización do alumnado menor de idade a quen, por decisión xudicial, se lle impoñan medidas que afectan a súa escolarización realizarase de acordo co establecido no artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores. En todo caso, respectarase o dereito á educación do alumnado en idade de escolarización obrigatoria.

Circular 6/2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos institutos de educación secundaria que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2015/2016.

EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS. ASPECTOS COMÚNS

4. Requisitos de idade.

Con carácter xeral, poden matricularse nas ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano 2015. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos antes do 30 de abril de 2016.

Tamén poderá matricularse na educación secundaria de persoas adultas quen cumpra algún dos seguintes requisitos:

A xefatura territorial tamén poderá autorizar a matriculación na educación secundaria para persoas adultas do alumnado que non poida asistir regularmente a un centro ordinario por enfermidade ou impedimento físico. Para iso será necesario presentar a seguinte documentación: certificación médica oficial, informe do xefe do departamento de orientación do centro de procedencia e informe da inspección educativa. A xefatura territorial que corresponda, tras o informe favorable da inspección educativa, poderá autorizar a matrícula na educación secundaria a distancia a aquelas persoas que estean en centros de menores con medidas legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico.