02 Aneae e anee.ESO.BAC
Índice tema

2.4.  Avaliación e informe psicopedagóxico. Ditame de escolarización .

2.4.1. Disposicións legais fundamentais

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á; diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgá;nica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Arts. 34º;, 35º; e 36º;.

Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. (DOG 19/12/1996).

2.4.2. Actuacións que precisan a avaliación psicopedagóxica, informe ou ditame do DO. A normativa que citamos a continuación é a que recolle expresamente a referencia á; necesidade de informe ou ditame dos servizos de orientación como condición para o desenvolvemento das medidas referidas, sen prexuízo de que na organización e aplicación destas medidas sexa de aplicación regulamentación adicional.

2.4.2.1.Escolarización

Escolarización nunha modalidade distinta á; ordinaria: centros_aulas de educación especial, escolarización combinada, centros de escolarización preferente... É necesario ditame con avaliación psicopedagóxica previa.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á; diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgá;nica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36

Solicitude de admisión de ANEAE nas prazas da reserva.  Realízase  avaliación psicopedagóxica inicial.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º; ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG, 15/03/13).Art. 38º;.1.

2.4.2.2. Flexibilización. Sobredotación

Precisa informe de avaliación psicopedagóxica.

Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais, asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. (DOG,28/11/96). Art. 7º;.

REAL DECRETO 943/2003, de 18 de julio, por el que se regulan las condiciones para flexibilizar la duración de los diversos niveles
y etapas del sistema educativo para los alumnos superdotados intelectualmente. (BOE, 31/07/03)

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 07/01/08). Art. 6º.7.

 

2.4.2.3. Flexibilización. Necesidades educativas especiais.

Con informe dos servizos de orientación.

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 26º;, 30º;, 31º; e 32º;.

2.4.2.4. Adaptación curricular

Precisa de avaliación psicopedagóxica previa.

Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG, 07/11/95). Art. 7º;.

2.4.2.5. Fundamentación da necesidade de atención de coidadores, medios materiais complementarios…

Precisa ditame con avaliación psicopedagóxica previa.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á; diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgá;nica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36º;.

2.4.2.6. PDC.
Necesario informe en que se incluirán as conclusións da avaliación psicopedagóxica
Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. (DOG, 21/08/07). Art. 9º.b.

2.4.2.7. PMAR
A incorporación requirirá a avaliación tanto educativa como psicopedagóxica, a través de informe do equipo docente e do ditame emitido polo Departamento de Orientación.
DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG, 29/06/15). Art. 20º.6.

2.4.2.8. FPB
- Para a incorporación á FPB, entre outros requerimentos:
a) O equipo docente dos grupos da ESO con alumnado que poida ser proposto para realizar ciclos formativos de formación profesional básica, xunto co xefe do DO, realizarán unha reunión onde se analice a situación escolar do alumnado en risco de non alcanzar o título de graduado en ESO. Nesta reunión establecerase unha relación de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de FPB, que será asinada por todo o equipo docente e o xefe do departamento de orientación. Con carácter xeral, esta reunión coincidirá coa sesión de avaliación final ordinaria do mes de xuño ou, de ser o caso, coa sesión de avaliación das probas extraordinarias do mes de setembro.
b) Posteriormente, o titor elaborará para cada alumno o consello orientador, segundo o modelo do anexo II, coa axuda do xefe do DO.
- Para a flexibilización modular requírese informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo DO ou polo Departamento de Información e Orientación Profesional en colaboración co profesor titor.

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.(DOG, 22/07/15).

2.4.2.9. Agrupamentos específicos
A incorporación requirirá informe individualizado elaborado polo titor en colaboración co DO.
Circular 9/1999 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional pola que se dictan instruccións para a atención á diversidade na educación secundaria obrigatoria.Terceira.

2.4.2.10. Incorporación ás ensinanzas de adultos de menores que non poidan asistir regularmente a un centro ordinario por enfermidade ou  impedimento físico.
É necesario informe do xefe do departamento de orientación do centro de procedencia.
Circular 6/2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos institutos de educación secundaria que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2015/2016.

2.4.2.11. Aplicación de medidas extraordinarias

Será; necesario, se é o caso, informe xustificativo  do Servizo de Orientación.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á; diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 9º;.