02 Aneae e anee. ESO. BAC
Índice tema

2.1. Concepto e xeneralidades

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: aquel que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidades educativas especiais, TDAH, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas altas capacidades intelectuais, por térense incorporado tarde ao sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia escolar.

Alumnado que presenta necesidades educativas especiais: aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.