Ciencias Sociais - Galicia
Escolle a resposta correcta.
1.- Cal das seguintes cancións NON era de ANDRÉS DO BARRO?
Xirarei
San Antón
Corpiño Xeitoso
O tren
2.- Cales son os tres AEROPORTOS GALEGOS?
Alvedro, Castiñeiras e Castrelos
Lavacolla, Pasarón e Riazor
Insua, Velle e Peinador
Lavacolla, Alvedro e Peinador
3.- En que concello galego naceu a famosa bailarina coñecida como "A Bela Otero"?
Foz
Valga
Santiago de Compostela
Ribadeo
4.- Cal das seguintes variedades de pementos NON é autóctona de Galicia?
Pementos do piquillo
Pementos de Arnoia
Pementos morróns de Vilanova
Pementos de Padrón
5.- Como se chama este doce típico galego moi habitual á hora do café?
Bica
Roscón
Melindre
Amendoado
6.- Como se chama esta familia obra do autor Pepe Carreiro?
A familia Ulises
Os Hollister
Os bolechas
Os barbanzóns
7.- Cando naceu a bandeira galega?
Durante o século IX
Durante o século XIX
Durante o século XII
Galicia non ten bandeira oficial
8.- Cando é "Ano Santo"?
Cando o 25 de xullo coincide en domingo
Cada catro anos
Os anos que rematan en cero
Cando así o decide a Igrexa católica
9.- Cando foi fusilado Alexandre Bóveda?
O 17 de agosto de 1936
Alexandre Bóveda aínda vive
O 6 de xaneiro de 1970
O 25 de xullo de 1945
10.- Que é realmente o botafumeiro?
Un ascensor
Unha lámpada
Un matamoscas
Un incensario