2.5. Organización da atención ao aneae
- Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/07/07). Art 15
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 38º.4
- Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 19º
- Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG, 27/04/98). Art. 7º.
- Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. (DOG 31 de xullo de 1998). Art. 11º.
A continuación figuran, en base ao establecido na citada normativa, as consideracións que deben terse en conta para organizar a atención ao aneae, se ben hai ás veces na norma un matiz interpretativo que é potestade da administración educativa que é quen lexisla. Recórdase tamén que o establecido na LOE, normativa de desenvolvemento da LOE e LOMCE prevalece sobre o anterior aínda que non fose expresamente derrogado.
- O profesorado de PT/AL levará a cabo labores de apoio.
- O profesorado con dispoñibilidade horaria poderá desempeñar tarefas de reforzo educativo e apoio.
- O orientador avaliará ao alumno e a valoración determinará a pertinencia do apoio.
- O orientador realizará a proposta de organización da atención do alumnado:
- De acordo cos criterios establecidos no PXAD.
- Coa participación do profesorado titor.
- En colaboración cos profesores de apoio.
- A proposta trasládase ao xefe de estudios (capacidade executiva).
- Contémplase o apoio dentro e fora da aula.
- O apoio fora da aula no excederá a terceira parte da xornada escolar.