2.4. Avaliación e informe psicopedagóxico. Ditame de escolarización .
2.4.1. Disposicións legais fundamentais
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Arts. 34º, 35º e 36º.
- Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. (DOG 19/12/1996).
2.4.2. Actuacións que precisan a avaliación psicopedagóxica, informe ou ditame do DO:
- Escolarización
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11):
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG, 15/03/13):.
- Solicitude de admisión de ANEAE nas prazas da reserva. Art. 38º.1. Precisa avaliación psicopedagóxica inicial.
- Flexibilización. Sobredotación
- Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais, asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. (DOG,28/11/96). Art. 7º.
- Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 09/07/07). Art. 15º.4.
- Flexibilización. Necesidades educativas especiais.
- Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 26º, 30º, 31º e 32º. Precisa informe do departamento de orientación.
- Aplicación de medidas extraordinarias
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 9º. Será necesario, se é o caso, informe xustificativo do Servizo de Orientación.
- AC
- Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG, 07/11/95). Art. 7º. Precisa avaliación psicopedagoxica previa.
- Fundamentación da necesidade de atención de coidadores, medios materiais complementarios…
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36º. Precisa ditame con avaliación psicopedagóxica previa.
- Solicitude de escolarización nunha modalidade distinta á ordinaria: centros-aulas de educación especial, escolarización combinada, centros ordinarios de escolarización preferente.
- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36º. Precisa ditame con avaliación psicopedagóxica previa.
- Informe final na EP sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais.
- Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 20º. Estes alumnos foron necesariamente na súa escolarización obxecto de avaliación psicopedagóxica.