QRebacabezas+: ludificamos a aprendizaxe con QR e RA / MANEL RIVES

O uso de códigos QR, realidade aumentada e a ludificación a través da aprendizaxe baseada en proxectos permite crear experiencias educativas significativas. O uso de dispositivos móbiles permite acceder a contidos na Rede, pero tamén xeralos co uso de potentes apps que outorgan ao alumnado a capacidade de crear elementos audiovisuais e metatextuais. Neste obradoiro utilizaremos algunhas destas técnicas para amosar posiblidades educativas que poden levarse facilmente á aula.



Temática:

Códigos QR e realidade aumentada.

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Primaria e Educación Secundaria.
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS