Cando as artes e as tecnoloxías son o importante / ANDREA GIRÁLDEZ

Nos últimos anos asistimos a un duro debate sobre a necesidade de preservar o lugar das artes na educación. Mentres algúns tentan convencernos de que o futuro profesional do alumnado depende exclusivamente da súa formación en ciencias, tecnoloxías, enxeñería e matemáticas (o que coñecemos como STEM), algunhas das máis prestixiosas universidades do mundo contan con departamentos interdisciplinares nos que as artes ocupan un lugar importante. As empresas tamén demandan traballadores con novas capacidades, moitas das cales se desenvolverán a través da participación en proxectos artísticos. Nesta conferencia tentaremos ofrecer argumentos que nos inviten a pensar no valor das artes desde outra perspectiva considerando, así mesmo, como estas resultan fundamentais á hora de integrar as tecnoloxías nas aulas.



ACCESO AOS MATERIAIS

SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS