O proxecto E-DIXGAL no CEIP Friáns-Teis / ANA MARÍA PIÑEIRO

No presente curso 14/15 o Ceip Frián-Teis de Vigo, despois de ter participado en distintas experiencias no emprego de libros dixitais, afronta o reto dun novo proxecto: Proxecto E-Dixgal. Reflexionar, comentar, compartir, avaliar proxectos dixitais anteriores propios e doutros centros... foron algunhas das actividades previas antes de definir o marco de dito proxecto no noso centro. O alumnado, profesorado e familias de 5 de primaria e toda a Comunidade Educativa do Centro atopáronse en setembro cunha nova realidade cargada de dúbidas, temores, inquedanzas, alegrías, sorpresas...unha nova andaina estaba en marcha. Pouco a pouco fóronse desvelando os pormenores deste proxecto; e, na medida das nosas posibilidades, fomos dando respostas, con moito traballo conxunto e doses de paciencia, ós distintos atrancos que foron xurdindo, ata establecer o que consideramos a normalidade no noso centro. Despois de dous trimestres de duro traballo cremos que somos quen de valorar as vantaxes e inconvenientes que atopamos, a día de hoxe, neste proxecto..



Temática:

Tic, libros dixitais, proxecto E-DIXGAL

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Primaria e Educación Secundaria.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS