Xa está aberto o prazo para a escolla de obradoiros de escolaTAC infantil e primaria. Accede á plataforma mediante o botón inferior para realizar a elecciónde obradoiros por orde de preferencia.
É preciso contar cunha conta de usuario corporativa para acceder á plataforma PLATEGA. Le con calma a información que alí atoparás.
Tes ata o luns 23 ás 14:00 para indicar a orde de preferencia dos obradoiros. A partir da semana que ven asignarémosche catro deles co horario correspondente no que asistirás.
É moi importante que lembres que, de non facelo en prazo, adxudicarémosche catro obraroidos de oficio.

caretas_interactivos

Creando carteis interactivos

Usar de modo combinado medios gráficos e audiovisuais para a creación de contidos.

ler máis
logos_rol

Aprender xogando, hai algo mellor?

Iniciar no uso e amosar o potencial dos xogos como ferramentas educativas, facendo especial fincapé nos xogos de rol.

ler máis
videoxogos

Proxectos de creación de videoxogos na aula

Analizar as posibilidades didácticas que ofrece a creación de videoxogos e achegarse ao modelo de pensamento computacional.

ler máis
instruí_musicais

Creación de instrumentos musicais electrónicos

Estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado utilizando como medio a creación por eles mesmos de dispositivos musicais electrónicos.

ler máis
narrativa_dixital

Narrativa dixital: o webdoc

Coñecer, analizar e experimentar con formatos propios da comunicación web para o desenvolvemento de actividades e contidos didácticos.

ler máis
impresion_3D

Impresión 3D: do mundo dixital ao mundo físico

Achegar a impresión 3D a todo o profesorado, sen necesidade de coñecementos informáticos previos como unha nova ferramenta didáctica da que os profesores poden sacar gran partido en diferentes áreas de xeito transversal.

ler máis
ABP_mobil

Real e virtual: ABP e dispositivos móbiles

Iniciarnos no deseño e posta en práctica dunha proposta de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) usando dispositivos móbiles. Descubrir diferentes apps para o desenvolvemento de proxectos. Crear os produtos do proxecto. Avaliar a experiencia e a práctica.

ler máis
robotica

Resolución de problemas con robots

Coñecer o proxecto Escornabot. Iniciarse no emprego destes robots como recurso educativo de aula. Coñecer as habilidades cognitivas e sociais e as posibilidades metodolóxicas do proxecto. Achegarnos ao deseño de actividades e retos.

ler máis

Obradoiros na planta baixa

A maioría dos obradoiros levaranse a cabo na planta baixa.

planta baixa

Obradoiro na planta alta

“Real e virtual: ABP e dispositivos móbiles” terá lugar na planta alta.

planta alta